Páginas

miércoles, 19 de febrero de 2014

ANTÓN CORTIZAS e MARCOS CALVEIRO


     Próximamente teremos no colexio a visita dos escritores  Antón Cortizas e   Marcos Calveiro para falarnos das súas obras. Por este motivo, os nenos de 2º e 3º ciclo de primaria están a ler as obras que a continuación se detallan.

           
O equipo da biblioteca anímavos a que escribades aquí no blog os vosos comentarios, impresións e preguntas.




 

Era unha vez na quimbamba




Escritor: Antón Cortizas
Ilustrador: Miguel Ordoñez
Col. Ala delta. Serie Azul, 14. Luis Vives / Tambre. Vigo, 2006


        Libro de 22 poemas nos que o xogo rítmico, o divertimento humorístico e a fantasía do absurdo xogan a celebrar unha festa lírica. É o territorio literario da "quimbamba / tumba retumba/ lamba relamba".







INFORMACIÓN OBTIDA DE: http://www.filix.org/auto/eraunha_es.html

 

Palabras de auga


Escritor: Marcos Calveiro
Ilustrador: Ramón Trigo Alonso

Col. Merlín, 223. Eds. Xerais. Vigo, 2012

Premio Merlín de Literatura Infantil 2012 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2012 - Premio Fervenzas Literarias a Mellor Portada de Infantil e Xuvenil, 2012 - Lista de Honra do IBBY 2014
             
             O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado. Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor.

INFORMACIÓN OBTIDA DE: http://www.xerais.es/libro.php?id=2943974


No hay comentarios:

Publicar un comentario