Rematamos outro curso coa ilusión de sempre e co desexo de que desfrutedes do verán.
Deixámosvos unha guía de lecturas para o tempo de ocio (preme na imaxe para ver).
Ata setembro!!
Rematamos outro curso coa ilusión de sempre e co desexo de que desfrutedes do verán.
Deixámosvos unha guía de lecturas para o tempo de ocio (preme na imaxe para ver).
Ata setembro!!
Dende 1967 celébrase o 2 de abril o Día Internacional do Libro Infantil para conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.
Como cada ano, dende 1999, celébrase o 21 de marzo o Día Mundial da Poesía para conmemorar unha das formas máis prezadas da expresión e da identidade lingüística da humanidade.
Este día é a ocasión para honrar a poetas, revivir tradicións orais, promover a lectura, a escritura e a ensinanza da poesía.
Na nosa biblioteca instalamos un estudo de gravación por onde pasen os distintos cursos para elaborar un "podcast poético". Esperamos que o desfrutedes!
Cada 23 de febreiro, coincidindo coa data do nacemento de Rosalía de Castro, celébrase o "Día de Rosalía" para recordar e dar a coñecer a figura desta ilustre escritora e poeta galega.
Dende as aulas traballáronse diferentes contidos que podedes atopar no apartado Día de Rosalía deste blog ou premendo en ACTIVIDADES.
Na biblioteca puxemos un expositor recordatorio do "Día" e algúns libros da autora.
Entre todos os cursos do centro elaborouse unha fantástica colaxe cunha imaxe de Rosalía.
Estimadas familias:
Comezamos hoxe coa proposta de actividades, para compartir na casa, que enviamos cada curso a través das mochilas viaxeiras: lecturas, música, películas, xogos...
Cada venres unha familia recibirá a mochila para gozar do seu contido ata o xoves seguinte.
Contamos coa vosa implicación e esperamos que actividade sexa do voso agrado.