Páginas

viernes, 19 de junio de 2026

FIN DE CURSO 25-26

Hoxe rematamos este curso. Esperamos que desfrutarades das actividades realizadas. Agora toca tempo de descanso e de lecer para o que vos propoñemos algunhas recomendacións na nosa guía de lecturas.

Vémonos en setembro.

FELIZ VERÁN E FELICES LECTURAS!!

jueves, 23 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro cunha "hora de ler" conxunta. Unha lectura grupal con todo o alumnado compartindo e gozando dos libros.

Pola tarde temos a sorte de contar coa visita da escritora Paula Merlán.

martes, 17 de marzo de 2026

DÍA DO CÓMIC

 Hoxe é o Día do Cómic e celébrase o 17 de marzo en recordo do inicio da publicación da mítica revista de historietas TBO.

Na biblioteca contamos cunha sección de libros de banda deseñada e hoxe fixemos unha pequena selección para poñer no noso expositor: Mortadelo e Filemón, Astérix, Tintín, manga...

Desfrutade da lectura!



lunes, 23 de febrero de 2026

DÍA DE ROSALÍA 2026

Hoxe recordamos o nacemento da escritora Rosalía de Castro adicándolle un singular xardín de flores feitas polo alumnado reciclando caixas de ovos.


Poesía, música e murais sobre a súa vida completaron a homenaxe neste 23 de febreiro "Día de Rosalía".

viernes, 19 de diciembre de 2025

FELIZ NADAL 2025

Dende a biblioteca queremos desexarvos un Bo Nadal e un comezo de ano cheo de ledicia.

Recomendámosvos que lle adiquedes un tempiño á lectura e deixámosvos un enlace coa guía de libros, que vos propoñemos este curso, en relación ao noso proxecto de centro da "Volta ao mundo".

Feliz Nadal e Felices Lecturas!!