Hoxe celebramos o Día do Libro cunha "hora de ler" conxunta. Unha lectura grupal con todo o alumnado compartindo e gozando dos libros.
Pola tarde temos a sorte de contar coa visita da escritora Paula Merlán.

Hoxe é o Día do Cómic e celébrase o 17 de marzo en recordo do inicio da publicación da mítica revista de historietas TBO.
Na biblioteca contamos cunha sección de libros de banda deseñada e hoxe fixemos unha pequena selección para poñer no noso expositor: Mortadelo e Filemón, Astérix, Tintín, manga...
Desfrutade da lectura!
Hoxe recordamos o nacemento da escritora Rosalía de Castro adicándolle un singular xardín de flores feitas polo alumnado reciclando caixas de ovos.
Poesía, música e murais sobre a súa vida completaron a homenaxe neste 23 de febreiro "Día de Rosalía".