Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas

sábado, 25 de octubre de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2025. XORNADA DE CAMBIO DE LIBROS

Onte tivo lugar, como cada ano, a feira de cambio de libros usados no Día Das Bibliotecas.

Nesta XVI edición, a actividade continúa a ser un éxito. O alumnado segue participando con gran ilusión e gozando da xornada.

Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración!!


                                    (Preme na imaxe para ver o vídeo)


miércoles, 2 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO INFANTIL 2025

Dende 1967 celébrase o 2 de abril o Día Internacional do Libro Infantil para conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

Cada ano, é un país o que patrocina o día e invita a un escritor do país a escribir unha mensaxe para os nenos do mundo e a un ilustrador a deseñar un póster; materiais que se utilizan para promover os libros e a lectura.  
No 2025 ten ese privilexio a sección holandesa a través do texto de Rian Visser e a ilustración de Janneke Ipenburg.
 

No noso cole teremos no expositor da biblioteca unha selección de inesquecibles títulos de contos infantís escritos por Andersen e faremos un mural con ilustracións deses contos feitas polo alumnado.

jueves, 13 de noviembre de 2014

Libros de Medo polo Samaín

   Entre o 4 e o 7 de novembro tivemos na biblioteca unha exposición de libros de medo, a disposición do alumnado e mestres, tanto na hora de ler como en préstamo para a casa. Aquí tedes unha imaxe da biblioteca estes días pasados.

jueves, 6 de noviembre de 2014

V Feira do Libro

       O 24 de outubro, con motivo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares, levamos a cabo unha nova edición da feira de intercambio de libros.
       Agradecemos aos nenos e ás súas familias a elevada participación e esperamos que esta feira se siga a consolidar ano tras ano, tentando seguir a mellorar na súa organización.