Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta celebración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta celebración. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de octubre de 2025

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Hoxe celebramos no centro o Samaín.

A nosa biblioteca "viste" para a ocasión con pantasmas, arañeiras e arañas xigantes.

Non teñas medo e non deixes de visitar a terrorífica exposición de libros premendo na imaxe.

Queremos facer especial mención da representación teatral que fixeron tres alumnos de 5º de primaria, Martina, Lidia e Mario, que con tanta ilusión prepararon. 

Coa súa dramatización encheron de maxia a biblioteca e agasallaron con doces e pulseiras aos que se achegaron a desfrutar da actuación.  

Moitas grazas aos tres pola vosa iniciativa e felicidades pola vosa creatividade!



jueves, 6 de noviembre de 2014

V Feira do Libro

       O 24 de outubro, con motivo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares, levamos a cabo unha nova edición da feira de intercambio de libros.
       Agradecemos aos nenos e ás súas familias a elevada participación e esperamos que esta feira se siga a consolidar ano tras ano, tentando seguir a mellorar na súa organización.