Páginas

miércoles, 23 de junio de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS XUÑO 2021


Remata o curso e, coma outros anos, enviámosvos unha guía de lecturas para que desfrutedes durante as vacacións de verán. Tamén están á vosa disposición neste blog premendo no texto ou na imaxe.

                                                   RECOMENDACIÓNS LECTORAS XUÑO 2021


FELIZ VERÁN E FELICES LECTURAS!!




viernes, 2 de abril de 2021

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2021


img_oepli

 

 

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar a lectura entre os máis novos.

Este ano a sección de EEUU difunde a mensaxe “A música das palabras” da poeta cubanoamericana Margarita Engle, ilustrada polo brasileiro Roger Mello.

Compartimos desde a biblioteca o video que preparou a OEPLI (como sección española de IBBY) para conmemorar este día e que podedes ver premendo na imaxe.


miércoles, 24 de marzo de 2021

DÍA DA POESÍA


O día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora unha das formas de expresión e identidade lingüística da humanidade.

O día da Poesía é unha ocasión para recordar a poetas e revivir tradicións de recitais, promover a lectura e escritura e fomentar a relación con outras artes como teatro, danza, música e pintura.

No enlace podemos acceder ao recitado dalgúns poemas. Desfrutade deles!

CANCIÓN DEL PIRATA. JOSÉ DE ESPRONCEDA

VOLVERÁN LAS OSCURAS GOLONDRINAS. GUSTAVO ADOLFO BECQUER

ROMANCE DE LA LUNA. FEDERICO GARCÍA LORCA

PLATERO Y YO. JUAN RAMÓN JIMÉNEZ