Tres preciosos álbumes para traballar a igualdade de oportunidades e a coeducación:
A princesa Sabela
¿Hai algo más aburrido que ser una princesa rosa?
de Raquel Díaz , publicado pola Editorial Thule |
En ambos casos, as
protagonistas, dúas princesas, rompen cos estereotipos sexistas e rebélanse
ante a realidade que lles é dada por tradición nos contos. Elas queren ser
diferentes: poder subir ás árbores, meter o dedo no nariz,cazar feros dragóns,
voar en globo...
A tradición dos contos de
fadas, príncipes e princesas desaparece nestas dúas historias, fermosamente
ilustradas, que farán as delicias do noso alumnado ao tempo que lles
presentamos realidades afastadas dos roles que tradicionalmente lles veñen
adxudicando ás mulleres os contos tradicionais.
Rosa Caramelo
de AdelaTurín
É a historia dunha manada de elefantes e elefantas na que unhas e
outros viven de maneira separada e teñen actividades diferentes. Os elefantes
son grises, comen herbas verdes,... As elefantas son rosas, non comen herbas
verdes,...
As elefantas están pechadas nun xardín valado,
comendo unhas flores que non lles gustan porque saben mal. Levan zapatiños,
babeiros e lazos tamén de cor rosa para volverse máis rosas. Os elefantes non
levan nada para facerse máis grises, nin comen flores que saben mal. De entre
todas as elefantas destaca unha, Margarita, que é de cor gris e por máis que
intenta comer as mesmas flores que as súas compañeiras para volverse rosa, non o
consegue.
Cando xa se perde a esperanza de que Margarita se volva rosa para que un
elefante queira casar con ela, toma a decisión de saír do valado, quitar os seus
adornos rosa, e xogar a ser unha elefanta libre igual que os elefantes. a súa
iniciativa serve de modelo para que as outras elefantas fagan o mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario