Organizada polo Equipo de Normalización
Lingüistica, o pasado día 9 de maio, tivemos no colexio a visita do escritor Antón Cortizas.
O encontro tivo lugar na biblioteca, consistiu nunha charla cos alumnos de
terceiro e cuarto curso na que puideron falar da obra que están a ler, "Era unha vez na quimbamba".
A charla rematou con moitas
preguntas ao autor, a lectura dalgúns poemas do seu libro e un xogo de
adiviñanzas.
Por último, Antón Cortizas estivo
encantado de asinar os libros dos alumnos con dedicatorias moi divertidas.
Moitas grazas a Antón Cortizas pola súa amabilidade, esperamos que pronto poidamos volver a conversar con él sobre outra das
súas obras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario