Páginas

viernes, 20 de diciembre de 2024

NADAL 2024

Rematamos o ano coa chegada do Nadal. 

A  nosa biblioteca decórase para a ocasión e a nosa "Nedi" convértese en "Mamá Noel" para acompañar a exposición de libros navideños.

Ademais, para estas datas festivas e de vacacións, ofrecémosvos, unha vez máis, unha guía de lecturas para encher o tempo de ocio con emocións, risas, medo, diversión...e todas as aventuras que atopamos nos libros. 

                                                                        Bo Nadal e felices lecturas!!

martes, 5 de noviembre de 2024

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

O pasado mércores día 30 de outubro celebramos o Samaín no cole. 

Na biblioteca tivemos sesión de contacontos dramatizado da man da nosa compañeira Paula coa axuda do alumnado de 6º.

 

A partir das 12 h. tamén compartimos coas familias a tradicional exposición de libros de medo e decoración da nosa biblio.(Preme na imaxe para velo).




jueves, 24 de octubre de 2024

24 DE OUTUBRO - DÍA DAS BIBLIOTECAS

Un ano máis conmemoramos no centro o Día das Bibliotecas cunha xornada de cambio de libros, nunha feira da que celebramos hoxe a XV edición coa mesma ilusión de sempre.

Preme na imaxe se queres ver algunhas fotos coa canción "Me gusta leer" de Miss Meymi.

                                                FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!



viernes, 21 de junio de 2024

FELIZ VERÁN E FELICES LECTURAS!!

Despedímonos un curso máis desexándovos un feliz verán e felices lecturas!

Preme na imaxe para ver as recomendacións lectoras para estas vacacións.



viernes, 7 de junio de 2024

EVA MEJUTO VISITA O CEIP SAN ISIDRO

Este mércores 5 de xuño contamos no centro coa visita da autora Eva Mejuto. Dúas sesións nas que participou todo o alumnado, de 4º de infantil a 6º de primaria, e falamos sobre os seus libros "Dez gatiñas viaxeiras" e "O día que choveron gatos". 
A ver se adiviñades cal é o seu animal favorito?...

martes, 2 de abril de 2024

DÍA INTERANCIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2024

Jella Lepman fundadora do IBBY (INTERNATIONAL BOARD ON BOOKS FOR YOUNG PEOPLE, organización internacional integrada por unhas 80 secciones nacionales) foi a pionera de moitas iniciativas para a promoción da lectura e da literatura infantil, entre elas, a súa proposta en 1966 de celebrar un DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL e que fora  o 2 de abril, data que conmemora o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

Desde entón, cada ano, é unha Sección Nacional a que patrocina o día, escolle un tema e invita a un escritor do país a escribir unha mensaxe para os nenos do mundo e a un ilustrador para deseñar o cartel.

En 2024 correspóndelle á sección xaponesa que difunde a mensaxe de  Eiko Kadono y o cartel de Nana Furiya.

A OEPLI, como sección española do IBBY e  coa colaboración do Ministerio de Cultura, encárgase de difundir e promocionar o Día internacional e de editar o cartel e a mensaxe.

CARTEL

 DÍPTICO