Jella Lepman fundadora do IBBY (INTERNATIONAL BOARD ON BOOKS FOR YOUNG PEOPLE, organización internacional integrada por unhas 80 secciones nacionales) foi a pionera de moitas iniciativas para a promoción da lectura e da literatura infantil, entre elas, a súa proposta en 1966 de celebrar un DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL e que fora o 2 de abril, data que conmemora o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.
Desde entón, cada ano, é unha Sección Nacional a que patrocina o día, escolle un tema e invita a un escritor do país a escribir unha mensaxe para os nenos do mundo e a un ilustrador para deseñar o cartel.
En 2024 correspóndelle á sección xaponesa que difunde a mensaxe de Eiko Kadono y o cartel de Nana Furiya.
A OEPLI, como sección española do IBBY e coa colaboración do Ministerio de Cultura, encárgase de difundir e promocionar o Día internacional e de editar o cartel e a mensaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario