Páginas

jueves, 30 de octubre de 2025

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Hoxe celebramos no centro o Samaín.

A nosa biblioteca "viste" para a ocasión con pantasmas, arañeiras e arañas xigantes.

Non teñas medo e non deixes de visitar a terrorífica exposición de libros premendo na imaxe.

Queremos facer especial mención da representación teatral que fixeron tres alumnos de 5º de primaria, Martina, Lidia e Mario, que con tanta ilusión prepararon. 

Coa súa dramatización encheron de maxia a biblioteca e agasallaron con doces e pulseiras aos que se achegaron a desfrutar da actuación.  

Moitas grazas aos tres pola vosa iniciativa e felicidades pola vosa creatividade!



sábado, 25 de octubre de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2025. XORNADA DE CAMBIO DE LIBROS

Onte tivo lugar, como cada ano, a feira de cambio de libros usados no Día Das Bibliotecas.

Nesta XVI edición, a actividade continúa a ser un éxito. O alumnado segue participando con gran ilusión e gozando da xornada.

Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración!!


                                    (Preme na imaxe para ver o vídeo)


jueves, 2 de octubre de 2025

"A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS"

Este curso facemos no cole un proxecto de centro sobre "a Volta ao mundo en 80 días".

Tomando como referencia a obra de Julio Verne, faremos unha viaxe extraordinaria arredor do mundo. Investigaremos sobre países, idiomas, costumes, medios de transporte...

Maletas preparadas?? Pois comezamos!!

Hoxe, 2 de outubro, partimos desde Londres da man de Phileas Fogg e Passepartout e iniciamos así a nosa aventura.

Boa viaxe!! 


viernes, 12 de septiembre de 2025

CURSO 25-26

Comezamos un novo curso, cun ambiente renovado na nosa biblioteca, coa ilusión de seguir mellorando e poder ofrecervos un espazo cheo de posibilidades de aprendizaxe: actividades de lectura, de consulta, de participación, de expresión, de investigación, de manipulación, de creación...

Desexámosvos moi feliz curso!











viernes, 20 de junio de 2025

FELIZ VERÁN E FELICES LECTURAS!!

Rematamos outro curso coa ilusión de sempre e co desexo de que desfrutedes do verán.

Deixámosvos unha guía de lecturas para o tempo de ocio (preme na imaxe para ver).

Ata setembro!!