Páginas

jueves, 22 de diciembre de 2022

NADAL 22

Na biblioteca do Ceip San Isidro tamén celebramos o Nadal, cunha decoración especial e unha pequena selección de libros navideños. Ata a nosa mascota Nedi se disfrazou de Papá Noel!!
Preme na imaxe se queres vela.


Deixámosvos tamén un enlace á Guía de Lecturas coas propostas para este Nadal. 
Felices Festas e Felices Lecturas!!

sábado, 29 de octubre de 2022

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE MEDO

Este venres 28 de outubro, celebramos no noso centro o Samaín. Desde a biblioteca tamén quixemos participar facendo unha exposición de libros de medo e unha decoración "terrorííífica".

jueves, 20 de octubre de 2022

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS

O vindeiro luns 24, faremos na biblioteca do noso centro, unha feira de libros usados para conmemorar este día.

sábado, 17 de septiembre de 2022

CURSO 22-23

Iniciamos este novo curso, coa tan esperada “normalidade” e xa sen un protocolo específico de adaptación ao contexto da Covid-19 no ámbito educativo, aínda que, seguiremos as recomendacións xerais de ventilación e de hixiene de mans e respiratoria. Esperamos con ilusión retomar as actividades que se viron afectadas pola pandemia e iniciar todas aquelas que sexa posible. Queremos facer da nosa biblioteca un centro de recursos, información e aprendizaxe. Un espazo que facilite experiencias gratas de encontro e convivencia cos libros e cos recursos culturais. Dende o equipo de biblioteca desexamos un moi feliz curso e felices lecturas para toda a comunidade educativa.