Páginas

martes, 20 de mayo de 2014

VISITA DE ANTÓN CORTIZAS




   Organizada polo Equipo de Normalización Lingüistica, o pasado día 9 de maio, tivemos no colexio a visita do escritor Antón Cortizas.


O encontro tivo lugar na biblioteca,  consistiu nunha charla cos alumnos de terceiro e cuarto curso na que puideron falar  da obra que están a ler, "Era unha vez na quimbamba".

      A charla rematou con moitas preguntas ao autor, a lectura dalgúns poemas do seu libro e un xogo de adiviñanzas.

   Por último, Antón Cortizas estivo encantado de asinar os libros dos alumnos con dedicatorias moi divertidas.

Moitas grazas a Antón Cortizas pola súa amabilidade, esperamos que pronto poidamos  volver a conversar con él sobre outra das súas obras.