Páginas

jueves, 13 de noviembre de 2014

Libros de Medo polo Samaín

   Entre o 4 e o 7 de novembro tivemos na biblioteca unha exposición de libros de medo, a disposición do alumnado e mestres, tanto na hora de ler como en préstamo para a casa. Aquí tedes unha imaxe da biblioteca estes días pasados.

jueves, 6 de noviembre de 2014

V Feira do Libro

       O 24 de outubro, con motivo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares, levamos a cabo unha nova edición da feira de intercambio de libros.
       Agradecemos aos nenos e ás súas familias a elevada participación e esperamos que esta feira se siga a consolidar ano tras ano, tentando seguir a mellorar na súa organización.


miércoles, 18 de junio de 2014

LIBROS PARA LER NO VERÁN

O equipo da biblioteca do CEIP San Isidro vos desexa,

  Feliz Verán e Felices Lecturas !!! 





martes, 20 de mayo de 2014

VISITA DE ANTÓN CORTIZAS




   Organizada polo Equipo de Normalización Lingüistica, o pasado día 9 de maio, tivemos no colexio a visita do escritor Antón Cortizas.


O encontro tivo lugar na biblioteca,  consistiu nunha charla cos alumnos de terceiro e cuarto curso na que puideron falar  da obra que están a ler, "Era unha vez na quimbamba".

      A charla rematou con moitas preguntas ao autor, a lectura dalgúns poemas do seu libro e un xogo de adiviñanzas.

   Por último, Antón Cortizas estivo encantado de asinar os libros dos alumnos con dedicatorias moi divertidas.

Moitas grazas a Antón Cortizas pola súa amabilidade, esperamos que pronto poidamos  volver a conversar con él sobre outra das súas obras.

viernes, 11 de abril de 2014

I MARATÓN DE LECTURA



Hoxe realizamos na biblioteca o I Maratón de Lectura para celebrar dúas datas moi simbólicas, o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil que foi o pasado 2 de abril, e o Día Internacional do Libro que será o próximo 23 de abril.


Organizada polo equipo de Normalización Lingüística, ao longo de toda a mañá, alumnos e pais levaron a cabo esta actividade de lectura ininterrompida. Deste xeito queremos homenaxear ós autores, e fomentar a lectura axudando aos nenos a descubrir a diversión e o encanto de ler.

Queremos agradecer a participación daqueles pais que nos axudaron a facelo posible.


miércoles, 2 de abril de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

          O 2 de abril declarouse como o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co fin de promover e fomentar nos nenos a lectura de obras literarias.

          Para a celebración deste día escolleuse o 2 de abril por ser a data de nacemento do escritor Hans Christian Andersen (1805), autor de decenas de contos.
          
          Este día é promovido polo IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) dende o ano 1967. Cada ano, un país membro da devandita organización Internacional, é o encargado de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo. Este ano encárgase a sección irlandesa de editar o cartel de Niamh Sharkey e a mensaxe de Siobhán Parkinson.
 
" Carta a los niños del mundo"

           Los lectores a menudo le preguntan a los escritores cómo escriben sus historias – ¿de dónde salen las ideas? Provienen de mi imaginación, contesta el escritor. Ah, claro, suele contestar el lector. Pero, ¿dónde está tu imaginación, de qué está hecha y es cierto que todo el mundo tiene una?
         Bueno, responde el escritor, está en mi cabeza, por supuesto, y está compuesta de imágenes y palabras y recuerdos y rastros de otras historias y palabras y fragmentos de cosas y melodías y pensamientos y rostros y monstruos y formas y palabras y movimientos y palabras y olas y arabescos y paisajes y palabras y perfumes y sentimientos y colores y rimas y pequeños chasquidos y silbidos y sabores y explosiones de energía y acertijos y brisas y palabras. Todo ello girando ahí dentro y cantando y comportándose como un caleidoscopio y flotando y sentándose y pensando y rascándose la cabeza.
          Por supuesto que todo el mundo tiene imaginación: sin ella, no seríamos capaces de soñar. No obstante, no toda imaginación tiene las mismas cosas dentro de ella. Probablemente, la imaginación de los cocineros contenga en su mayoría sabores, de la misma manera que la imaginación de los artistas contendrá sobre todo colores y formas. La imaginación de los escritores está principalmente llena de palabras.Para los lectores y oyentes de historias, sus imaginaciones también se nutren de palabras. La imaginación de un escritor trabaja y da vueltas y da forma a las ideas, a los sonidos, a las voces, a los personajes y a los acontecimientos hasta convertirlos en una historia; esta historia no está compuesta de otra cosa que no sean palabras, batallones de garabatos desfilando por las páginas. Entonces ocurre que, de pronto, llega un lector y esos garabatos cobran vida. Siguen estando en la página, siguen pareciendo garabatos pero también están retozando en la imaginación del lector, y éste da forma e hila las palabras para que la historia ahora tenga lugar en su cabeza, como tuvo lugar en la cabeza del escritor.
           Este es el motivo por el cual el lector es tan importante para una historia como lo es el escritor. Solo hay un escritor para cada de ellas, pero hay cientos o miles o incluso a veces millones de lectores de historias, que leen en el mismo idioma que el del escritor o que quizás hasta lean traducciones en muchos otros idiomas diferentes. Sin el escritor, no nace el cuento; sin todos los miles de lectores alrededor del mundo, el cuento no llegará nunca a vivir todas las vidas que puede vivir.
          Todo lector de una historia tiene algo en común con los otros lectores de esa misma historia. Separadamente, aunque también de alguna manera juntos, ellos han recreado la historia en su propia imaginación: una acción que es tanto privada como pública, individual como común, íntima como internacional.
          Es posiblemente lo que los humanos hacen mejor.
         ¡Seguid leyendo!
Siobhán Parkinson
Autora, editora, traductora y ganadora del Premio na nÓg 

(Traducción: Paula Sanz)

martes, 1 de abril de 2014

2 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

No ano 2007, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, declarou o 2 de abril como o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo para destacar a necesidade de axudar a mellorar as condicións de vida dos nenos e adultos que sofren este trastorno.

Mensaxe do Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, 2 de abril de 2014


«El Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo no tiene por único objeto generar comprensión; es una llamada a la acción. Insto a todas las partes interesadas a participar en la promoción de los avances prestando apoyo a programas de educación, oportunidades de empleo y otras medidas que ayuden a hacer realidad nuestro ideal común de un mundo más inclusivo».
 
LIBROS DE INTERESE


Hernández, J. M. (2007): Déjame que te hable de los niños y niñas con autismo de tu escuela. Madrid. Teleno.


Equipo Deletrea (2008) Los niños pequeños con autismo. Soluciones prácticas para problemas cotidianos. Madrid. Ed. CEPE



CONTOS CON PICTOGRAMAS

Bata (2010) Nicolás cocina sin fuego, y Nicolás va de compras. Vigo. Kalandraka. Colección Makakiños.




 EL Patito feo, La ratita presumida, Chivos Chivones, El conejo blanco, de Batam en la Editorial Kalandraka  y de la colección Makakiños también.


 
“Los tres ositos del bosque”, “Manos”, “El cumpleaños de Carlota”, “Sofia y Mario”… Son libros de Mª Luisa Carrillo. Colección pictogramas. Editorial CEPE.



miércoles, 19 de marzo de 2014

VISITA DE MARCOS CALVEIRO




     O Luns, 17 de Marzo, estivo no noso centro o escritor Marcos Calveiro para falar da súa obra Palabras de auga, cos nenos de quinto e sexto de primaria.
      Durante a visita, os alumnos tiveron ocasión de coñecer do propio autor as razóns que lle levaron a escribir esta obra e  a vida e os problemas que ten África...
       Os rapaces preguntáronlle polos personaxes da obra, en quen se inspirou para crealos, vocabulario do libro… Tamén lle puideron preguntar algunhas curiosidades como, que quería ser de maior cando era pequeno, cando empezou a escribir, cantos libros ten publicados, que se sente cando se recibe un premio, etc.

      Queremos agradecer a Marcos Calveiro a súa visita e a amabilidade amosada con todos nós.



miércoles, 19 de febrero de 2014

ANTÓN CORTIZAS e MARCOS CALVEIRO


     Próximamente teremos no colexio a visita dos escritores  Antón Cortizas e   Marcos Calveiro para falarnos das súas obras. Por este motivo, os nenos de 2º e 3º ciclo de primaria están a ler as obras que a continuación se detallan.

           
O equipo da biblioteca anímavos a que escribades aquí no blog os vosos comentarios, impresións e preguntas.




 

Era unha vez na quimbamba




Escritor: Antón Cortizas
Ilustrador: Miguel Ordoñez
Col. Ala delta. Serie Azul, 14. Luis Vives / Tambre. Vigo, 2006


        Libro de 22 poemas nos que o xogo rítmico, o divertimento humorístico e a fantasía do absurdo xogan a celebrar unha festa lírica. É o territorio literario da "quimbamba / tumba retumba/ lamba relamba".







INFORMACIÓN OBTIDA DE: http://www.filix.org/auto/eraunha_es.html

 

Palabras de auga


Escritor: Marcos Calveiro
Ilustrador: Ramón Trigo Alonso

Col. Merlín, 223. Eds. Xerais. Vigo, 2012

Premio Merlín de Literatura Infantil 2012 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2012 - Premio Fervenzas Literarias a Mellor Portada de Infantil e Xuvenil, 2012 - Lista de Honra do IBBY 2014
             
             O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado. Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor.

INFORMACIÓN OBTIDA DE: http://www.xerais.es/libro.php?id=2943974