Páginas

miércoles, 19 de marzo de 2014

VISITA DE MARCOS CALVEIRO




     O Luns, 17 de Marzo, estivo no noso centro o escritor Marcos Calveiro para falar da súa obra Palabras de auga, cos nenos de quinto e sexto de primaria.
      Durante a visita, os alumnos tiveron ocasión de coñecer do propio autor as razóns que lle levaron a escribir esta obra e  a vida e os problemas que ten África...
       Os rapaces preguntáronlle polos personaxes da obra, en quen se inspirou para crealos, vocabulario do libro… Tamén lle puideron preguntar algunhas curiosidades como, que quería ser de maior cando era pequeno, cando empezou a escribir, cantos libros ten publicados, que se sente cando se recibe un premio, etc.

      Queremos agradecer a Marcos Calveiro a súa visita e a amabilidade amosada con todos nós.