Páginas

martes, 2 de abril de 2024

DÍA INTERANCIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2024

Jella Lepman fundadora do IBBY (INTERNATIONAL BOARD ON BOOKS FOR YOUNG PEOPLE, organización internacional integrada por unhas 80 secciones nacionales) foi a pionera de moitas iniciativas para a promoción da lectura e da literatura infantil, entre elas, a súa proposta en 1966 de celebrar un DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL e que fora  o 2 de abril, data que conmemora o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

Desde entón, cada ano, é unha Sección Nacional a que patrocina o día, escolle un tema e invita a un escritor do país a escribir unha mensaxe para os nenos do mundo e a un ilustrador para deseñar o cartel.

En 2024 correspóndelle á sección xaponesa que difunde a mensaxe de  Eiko Kadono y o cartel de Nana Furiya.

A OEPLI, como sección española do IBBY e  coa colaboración do Ministerio de Cultura, encárgase de difundir e promocionar o Día internacional e de editar o cartel e a mensaxe.

CARTEL

 DÍPTICO