Páginas

jueves, 21 de diciembre de 2023

NADAL 23

Rematamos o trimestre e chegan as vacacións de Nadal!! Dende o equipo de biblioteca, en colaboración co EDLG, recomendámosvos algúns libros para pedirlle a Papá Noel ou aos Reis Magos e desexámosvos, coma sempre, Felices Festas e felices lecturas!!

Nesta ocasión, ademais de libros de Eva Mejuto, que será a autora que visitará o noso centro no segundo trimestre; incluímos algúns dos títulos do recentemente desaparecido Miguel Ángel "Hematocrítico".

Queremos así facer a nosa persoal homenaxe en recordo a este autor co que tamén contamos nunha visita ao noso centro hai un par de cursos.

                                            GUÍA DE LECTURAS NADAL 2023



martes, 31 de octubre de 2023

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Xa chegou o Samaín á nosa biblioteca! Preparamos unha decoración terrorífica para a exposición de libros de medo. Un castelo encantado, a Santa Compaña, pantasmas, Nediña convertida en bruxa, caveiras...e un montón de libros interesantes que poderás ler durante estes días...bótalles unha ollada!



martes, 24 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Como cada ano, celebramos no noso centro o 24 de outubro, Día das Bibliotecas, cunha feira de cambio de libros usados. Preme na imaxe se queres ver algunhas fotos acompañadas coa canción "Pon un libro en tu vida" para a animación infantil á lectura da canle "canciones infantiles educativas de Susana". Grazas a tod@s por facer que a feira fora de novo un éxito!

jueves, 22 de junio de 2023

FELIZ VERÁN E FELICES LECTURAS!!

Rematamos este curso coa guía de propostas lectoras e desexándolle a toda a comunidade educativa un feliz verán e moi felices lecturas!

domingo, 23 de abril de 2023

"DÍAS DE LIBROS"

No mes de abril contamos con dúas datas sinaladas na literatura. O 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e o 23 de abril, Día Mundial do Libro. Temos nos expositores do centro todas as novas adquisicións, para que o alumnado poida desfrutar de "Días de Libros" con emocionantes novidades.