Páginas

lunes, 26 de noviembre de 2012

CONTOS SOBRE A IGUALDADE



Tres preciosos álbumes para traballar a igualdade de oportunidades e a coeducación:


A princesa Sabela 
 editado por Xerais.


¿Hai algo más aburrido que ser una princesa rosa? 
de Raquel Díaz , publicado pola Editorial Thule




En ambos casos, as protagonistas, dúas princesas, rompen cos estereotipos sexistas e rebélanse ante a realidade que lles é dada por tradición nos contos. Elas queren ser diferentes: poder subir ás árbores, meter o dedo no nariz,cazar feros dragóns, voar en globo...
A tradición dos contos de fadas, príncipes e princesas desaparece nestas dúas historias, fermosamente ilustradas, que farán as delicias do noso alumnado ao tempo que lles presentamos realidades afastadas dos roles que tradicionalmente lles veñen adxudicando ás mulleres os contos tradicionais.

Rosa Caramelo
 de AdelaTurín

É a historia dunha manada de elefantes e elefantas na que unhas e outros viven de maneira separada e teñen actividades diferentes. Os elefantes son grises, comen herbas verdes,... As elefantas son rosas, non comen herbas verdes,...                                                                                  As elefantas están pechadas nun xardín valado, comendo unhas flores que non lles gustan porque saben mal. Levan zapatiños, babeiros e lazos tamén de cor rosa para volverse máis rosas.                                                                                                                  Os elefantes non levan nada para facerse máis grises, nin comen flores que saben mal. De entre todas as elefantas destaca unha, Margarita, que é de cor gris e por máis que intenta comer as mesmas flores que as súas compañeiras para volverse rosa, non o consegue.                                                                                                   Cando xa se perde a esperanza de que Margarita se volva rosa para que un elefante queira casar con ela, toma a decisión de saír do valado, quitar os seus adornos rosa, e xogar a ser unha elefanta libre igual que os elefantes. a súa iniciativa serve de modelo para que as outras elefantas fagan o mesmo.