Páginas

jueves, 21 de diciembre de 2023

NADAL 23

Rematamos o trimestre e chegan as vacacións de Nadal!! Dende o equipo de biblioteca, en colaboración co EDLG, recomendámosvos algúns libros para pedirlle a Papá Noel ou aos Reis Magos e desexámosvos, coma sempre, Felices Festas e felices lecturas!!

Nesta ocasión, ademais de libros de Eva Mejuto, que será a autora que visitará o noso centro no segundo trimestre; incluímos algúns dos títulos do recentemente desaparecido Miguel Ángel "Hematocrítico".

Queremos así facer a nosa persoal homenaxe en recordo a este autor co que tamén contamos nunha visita ao noso centro hai un par de cursos.

                                            GUÍA DE LECTURAS NADAL 2023



martes, 31 de octubre de 2023

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Xa chegou o Samaín á nosa biblioteca! Preparamos unha decoración terrorífica para a exposición de libros de medo. Un castelo encantado, a Santa Compaña, pantasmas, Nediña convertida en bruxa, caveiras...e un montón de libros interesantes que poderás ler durante estes días...bótalles unha ollada!



martes, 24 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Como cada ano, celebramos no noso centro o 24 de outubro, Día das Bibliotecas, cunha feira de cambio de libros usados. Preme na imaxe se queres ver algunhas fotos acompañadas coa canción "Pon un libro en tu vida" para a animación infantil á lectura da canle "canciones infantiles educativas de Susana". Grazas a tod@s por facer que a feira fora de novo un éxito!

jueves, 22 de junio de 2023

FELIZ VERÁN E FELICES LECTURAS!!

Rematamos este curso coa guía de propostas lectoras e desexándolle a toda a comunidade educativa un feliz verán e moi felices lecturas!

domingo, 23 de abril de 2023

"DÍAS DE LIBROS"

No mes de abril contamos con dúas datas sinaladas na literatura. O 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e o 23 de abril, Día Mundial do Libro. Temos nos expositores do centro todas as novas adquisicións, para que o alumnado poida desfrutar de "Días de Libros" con emocionantes novidades.

miércoles, 8 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER

Na biblioteca fixemos unha selección de libros donde poderás descubrir a fascinante vida de moitas mulleres ao longo da historia. Mulleres científicas, mulleres aventureiras, mulleres inventoras, mulleres rebeldes, mulleres pioneiras...mulleres que cambiaron o mundo e que nos ensinaron que todo se pode conseguir. Atrévete a coñecelas!

lunes, 30 de enero de 2023

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos no centro o Día da Paz e a non violencia. Dende a biblioteca fixemos un panel informativo para a entrada e unha exposición con libros sobre o tema. A través da lectura podemos educar en valores tan importantes como a tolerancia, a concordia, o respecto...non podemos esquecer a importancia dos LIBROS PARA A PAZ!

viernes, 27 de enero de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS 2023

Retomamos por fin, despois de varios cursos limitados pola pandemia, a actividade das mochilas viaxeiras. Coa intención de fomentar e compartir a lectura, cada semana, levará a mochila unha familia de cada curso, dende o venres ata o xoves seguinte. Dentro das mochilas, ademais de todo o material, tedes un díptico coas normas de uso e un caderno no que vos agradecemos que deixedes os vosos comentarios. Agardamos que desfrutedes coa actividade.