Cada 23 de febreiro, coincidindo coa data do nacemento de Rosalía de Castro, celébrase o "Día de Rosalía" para recordar e dar a coñecer a figura desta ilustre escritora e poeta galega.
Dende as aulas traballáronse diferentes contidos que podedes atopar no apartado Día de Rosalía deste blog ou premendo en ACTIVIDADES.
Na biblioteca puxemos un expositor recordatorio do "Día" e algúns libros da autora.
Entre todos os cursos do centro elaborouse unha fantástica colaxe cunha imaxe de Rosalía.