Páginas

sábado, 17 de septiembre de 2022

CURSO 22-23

Iniciamos este novo curso, coa tan esperada “normalidade” e xa sen un protocolo específico de adaptación ao contexto da Covid-19 no ámbito educativo, aínda que, seguiremos as recomendacións xerais de ventilación e de hixiene de mans e respiratoria. Esperamos con ilusión retomar as actividades que se viron afectadas pola pandemia e iniciar todas aquelas que sexa posible. Queremos facer da nosa biblioteca un centro de recursos, información e aprendizaxe. Un espazo que facilite experiencias gratas de encontro e convivencia cos libros e cos recursos culturais. Dende o equipo de biblioteca desexamos un moi feliz curso e felices lecturas para toda a comunidade educativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario